A Xunta participa na primeira gala benéfica para a investigación do lupus organizada por AGAL

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2023

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, trasladou hoxe aos representantes da Asociación Galega de Lupus (AGAL) o apoio da Xunta ao traballo que realizan. Fíxoo no marco da I Gala benéfica pola investigación do Lupus organizada pola entidade, que tivo lugar no Museo do Pobo Galego.

O director xeral tamén fixo un recoñecemento ao esforzo que fan os familiares destes pacientes e aos profesionais que se dedican a atendelos. Ademais, avogou por manter as liñas de colaboración coa entidade para avanzar nos tratamentos e na diagnose do Lupus.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/04/2023