A Xunta aborda as necesidades das persoas con alzhéimer nas XXI xornadas interdisciplinares de Fagal

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2023

A Xunta de Galicia e a Federación Alzhéimer Galicia (Fagal) abordaron hoxe as necesidades das persoas con esta doenza neurodexenerativa nas XXI xornadas interdisciplinares organizadas pola entidade. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria participou na inauguración deste encontro, que se desenvolveu na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Antón Acevedo transmitiu o recoñecemento da Xunta a todas as entidades que forman parte de Fagal que traballan a diario para mellorar a situación das persoas con alzhéimer. Durante o encontro abordáronse, entre outras cuestións, as boas prácticas na atención aos maiores e ás persoas con demencia.

Data de actualización: 15/04/2023