A Xunta participa nas IV Xornadas sobre Parkinson

A Coruña, 14 de abril de 2022

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na apertura das IV Xornadas sobre Parkinson que se desenvolveron na sede de Afundación. Responsables de entidades que traballan neste ámbito, técnicos e especialistas nesta doenza neurodexenerativa déronse cita neste encontro organizado pola Asociación Parkinson Galicia—Coruña.

Antón Acevedo agradeceu á entidade e aos seus profesionais o traballo que realizan para mellorar a calidade de vida destes pacientes e apoiar ás súas familias. Tamén destacou a importancia deste tipo de xornadas tanto para compartir coñecementos e experiencias como para dar visibilidade a esta enfermidade.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/04/2023