Fabiola García visita a nova sede da Asociación Española de Loita Contra o Cancro en Pontevedra
2023-04-14
/documents/35297/40624/20230414+FotoConselleiraSedeAECCPontevedra1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 14 de abril de 2022
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou esta mañá o traballo que realiza a Asociación Española contra o Cancro (AECC) na loita contra esta enfermidade e no apoio aos doentes e familiares. Fíxoo nunha visita á nova sede da asociación en Pontevedra, situada na rúa Eduardo Pondal.
Este novo local conta con diferentes espazos destinados a salas de reunións, de atención psicolóxica, de fisioterapia ou logopedia, entre outras dependencias. A sede acollerá tamén actividades e obradoiros dirixidos a pacientes e familiares.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 14/04/2023