A Xunta salienta o papel que ten a entidade Enki para avanzar na inclusión a través do deporte

Lugo, 14 de abril de 2022

A Xunta valora o traballo de concienciación que realiza a entidade ENKI coas xornadas que está a desenvolver entre escolares das catro provincias de Galicia, e nas que o deporte ten un papel fundamental para avanzar na plena inclusión. O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta mañá á xornada que tivo lugar no Estadio Gregorio Pérez Rivera con centros educativos de Lugo.

A actividade estivo dirixida a alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e na mesma se propuxeron diferentes prácticas deportivas adaptadas, como ciclismo, carro runing ou paddle e tenis en cadeira de rodas, entre outras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/04/2023