O delegado territorial da Xunta visita os expositores da ‘V edición do Car Outlet Ourense’

Ourense, 14 de abril de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá os expositores da ‘V edición do Car Outlet Ourense’, que se desenvolverá ata o vindeiro domingo, 16 de abril. Este evento presenta a mellor oferta en Galicia en vehículos de ocasión, seminovos, xerencia e kilómetro cero que contan con inmellorables condicións, xa non só no prezo, senón tamén de financiamento, seguros ou outros servizos engadidos, e, por suposto, coa garantía e solvencia que ofrecen os concesionarios oficiais. Trátase dunha cita vencellada a un dos sectores comerciais de maior peso na nosa contorna, o da automoción, no que se reúnen máis de 400 coches con ofertas moi especiais. O obxectivo desta cita é cubrir todas as gamas e modelos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos clientes ao mellor prezo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/04/2023