Rueda participa nun almorzo de traballo co embaixador de España en Panamá

Cidade de Panamá (Panamá), 13 de abril de 2023 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta mañá nun almorzo de traballo co embaixador de España en Panamá, Guzmán Palacios Fernández.

Esta xuntanza enmárcase dentro da viaxe institucional que está a realizar o titular do Executivo por Panamá, Venezuela e México e que comezou hoxe na capital panameña. Durante este percorrido, Rueda está a manter diferentes encontros institucionais e empresariais para reforzar as alianzas estratéxicas de Galicia con rexións coas que mantén raíces comúns.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/04/2023