Trenor participa no VI Encontro Arteixo Innovación
No acto estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández
Arteixo (A Coruña), 12 de abril de 2023 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron no VI Encontro Arteixo Innovación.
Trenor puxo en valor o exemplo dos centros educativos de Arteixo que son líderes no emprego das novas tecnoloxías no ámbito escolar, e os seus docentes están recoñecidos a nivel nacional pola súa contribución á innovación do ensino. Neste senso, destacou que “é unha iniciativa que non tería triunfado sen a implicación do alcalde e dous seus predecesores”.
O delegado subliñou que a experiencia nos centros de educativos de Arteixo é o camiño que debemos seguir pero recalcou que “a renovación tecnolóxica nas aulas non ten razón de ser se non está arroupada por unha profunda e constante renovación pedagóxica enfocada á calidade educativa”.