O colexio Sagrado Corazón Placeres, de Pontevedra, visita a Casa de Galicia en Madrid

Madrid, 12 de abril de 2023  A Casa de Galicia en Madrid recibiu esta mañá unha visita moi especial. O Centro Plurilingüe Sagrado Corazón Placeres fíxose presente na Delegación da Xunta. 

Case medio cento de alumnos e alumnas de cuarto de ESO, que xunto coas súas profesoras, Mar Vázquez e Ana Pascual están de visita cultural na capital de España, tiveron a oportunidade na xornada de hoxe de gozar das dúas exposicións que se mostran na Casa de Galicia.  

Os estudantes mostráronse moi interesados non só polas obras de arte do escultor galego Miguel Núñez e os traxes da mezzosoprano Teresa Berganza, senón que preguntaron pola orixe e funcións que desempeña a Casa de Galicia en Madrid. 

O director, Juan Serrano, recibiu a esta nova delegación galega, aclarou todas as dúbidas que xurdiron durante a visita e animonos a regresar “a esta a vosa casa” coas súas familias ou amigos cando estivesen en Madrid.

O colexio Sagrado Corazón Placeres prolongará a súa visita a distintos lugares de Madrid ata o vindeiro venres.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/04/2023