A Xunta informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chega a 10 concellos da provincia da Coruña

Os apoios aprobados destínanse á mellora de iluminación, depuración de augas, xestión de residuos, infraestruturas viarias ou instalacións de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, así como servizos de subministración de gas ou hidróxeno verde

Todas as actuacións levaranse a cabo en Concellos Emprendedores

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023 A Xunta de Galicia informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chegarán a un total de 10 concellos da provincia da Coruña, todos eles Concellos Emprendedores. Son 11 proxectos nos que se investirán preto de 900.000 euros.

As axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto -podían presentarse dúas solicitudes por concello-, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.

Esta liña complementa as medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.  

 
LISTAXE DE BENEFICIARIOS
 
A CORUÑA
 

CONCELLO BENEFICIARIO

POLÍGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE

AXUDA
CONCEDIDA

ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA

Concello das Somozas
As Somozas
150.000 €
110.835,80 €

PAVIMENTACIÓN VIAL PRINCIPAL
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DAS SOMOZAS

Concello de Boiro

Parque Empresarial
de Espiñeira

59.745,77 €
47.796,62 €

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA: ILUMINACIÓN PÚBLICA

Parque Empresarial
de Espiñeira

82.209,38 €
65.767,50 €

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA: INFRAESTRUTURA VIARIA

Concello de Cabanas
Vilar do Colo
59.999,99 €
47.999,99 €
 

MELLORA DE ACCESOS NO PARQUE EMPRESARIAL DE VILAR DO COLO: RÚAS MAREIRA E MARIÑASOL

Concello de Coirós
Pedrapartida
88.021,09 €
70.416,87 €

SISTEMAS PROTECCIÓN CONTRAINCENDIOS PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS

Concello de Fene
Vilar do Colo
123.474,47 €
98.779,58 €
 

MELLORA DA SINALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE AO POLÍGONO VILAR
DO COLO DESDE O ACCESO OESTE

Concello de Noia
Augalevada
56.801,11 €
45.440,89 €

ACONDICIONAMENTO DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE AUGALEVADA

Concello de Oroso
Sigüeiro
150.000 €
120.000 €

MELLORA DE REDE VIARIA NA AVENIDA ÁLVARO CUNQUEIRO E RÚA MESÍA, SUBSTITUCIÓN DE CANLE
NA RÚA CURROS ENRÍQUEZ

Concello de Ponteceso
Tella
32.615,84 €
26.092,67 €
MELLORA ACCESO PARQUE EMPRESARIAL TELLA FASE III
Concello de Santa Comba
Santa Comba
84.837,09 €
67.869,67 €

MELLORA DO ACCESO SUESTE AO PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

Concello de Tordoia
Pedra Salgueira
8.520,04 €
6.816,03 €
 

RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS
DE ALUMEADO PÚBLICO
EN PEDRA SALGUEIRA

Data de actualización: 12/04/2023