A Xunta participa na Coruña nas actividades organizadas polo Día Mundial do Parkinson

A Coruña, 11 de abril de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no acto de conmemoración polo Día Mundial do Parkinson organizado pola Asociación galega de Parkinson na Praza María Pita da Coruña.

Esta entidade organiza o venres, tamén ao abeiro desta efeméride, unha xornadas sobre esta enfermidade neurolóxica que afecta a máis de 13.000 persoas na nosa Comunidade. Esta cita, que será na sede de AFundación, porá en valor a abordaxe integral do Parkinson.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/04/2023