Trenor visita a mesa informativa da Asociación Parkinson Galicia-Coruña

A entidade organiza esta actividade hoxe con motivo da conmemoración do Día Mundial do Parkinson

A Coruña, 11 de abril de 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe na Coruña a mesa informativa da Asociación de Parkinson Galicia-Coruña instalada no edificio administrativo do Goberno galego en Monelos con motivo do día mundial desta doenza.

 

O representante do Executivo autonómico trasladou aos representantes da entidade o seu recoñecemento ao traballo que realizan a prol da mellora da calidade de vida destes pacientes e ao grande esforzo feito tamén polos familiares destes pacientes e polos profesionais da asociación.

 

Trenor destacou a importancia de promover, divulgar e sensibilizar á sociedade sobre esta enfermidade e recalcou a necesidade de recadar fondos para a investigación co fin de axudar as persoas afectadas por esta patoloxía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/04/2023