O delegado territorial da Xunta asiste á presentación da V edición do Car Outlet Ourense

Ourense, 10 de abril de 2023 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá á presentación da ‘V edición do Car Outlet Ourense’, que se desenvolverá en Expourense, entre o 14 e o 16 de abril. Este evento ofrecerá as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que reunirá a un total de 24 marcas representadas a través de 16 concesionarios asociados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/04/2023