A Xunta participa na Festa da Vitela do concello ourensán do Bolo

O Bolo (Ourense), 8 de abril de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, asistiu hoxe á XIII Festa da Vitela do concello do Bolo, que volveu celebrarse por primeira vez desde a pandemia. Esta cita gastronómica ten como prato principal a vitela, acompañada de chourizo, lacón, garavanzos e patacas. 

Así, o conselleiro enxalzou esta XIII edición e destacou o valor cultural e o seu alcance como atractivo turístico entre as festas gastronómicas que se celebran na comunidade galega. Neste caso, centrada nun dos produtos senlleiros do sector da carne, no que se traballa no marco da Estratexia de dinamización do sector cárnico para situar Galicia como rexión produtora de referencia cun alto nivel de competitividade e sustentabilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/04/2023