Diego Calvo participa na entrega de medallas da I Bandeira de bateis Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega de medallas da I Bandeira de bateis Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, organizada polo club de remo A Cabana hoxe no porto de Curuxeiras. Nela participaron os 12 clubs de remo da provincia da Coruña, así como o lugués de Celeiro e o asturiano Club del Mar de Castropol.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/04/2023