O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde un encontro co comité de empresa de Navantia

A Xunta ofrece a súa colaboración para impulsar a competitividade industrial de Navantia na ría de Ferrol

Avoga por manter un diálogo aberto e construtivo entre todas as partes implicadas na busca de solucións que garantan o futuro do estaleiro e, por extensión, de toda a comarca de Ferrolterra

Ferrol, 5 de abril de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, ofreceu hoxe ao comité de empresa de Navantia a colaboración da Administración autonómica para impulsar a competitividade de Navantia na ría de Ferrol e o seu futuro industrial.

Así llo trasladou esta tarde nunha xuntanza na que escoitou as propostas dos traballadores para que a Xunta de Galicia apoie as súas demandas en materia de investimentos e de carga de traballo para o estaleiro.

Conde, que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, explicou a importancia de contar coas infraestruturas necesarias para a competitividade de Navantia Ferrol e de toda a industria auxiliar.

Nese sentido, avogou por manter un diálogo aberto e construtivo entre todas as partes implicadas na busca de solucións que garantan o futuro industrial do estaleiro e, por extensión, da comarca de Ferrolterra.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/04/2023