A Xunta participa nas actividades en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano en Lugo

Lugo, 5 de abril de 2022

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá as instalacións da Asociación Promoción e Integración Xitana, en Lugo, onde se celebraron actividades en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano que ten lugar este sábado.

 

O director xeral agradeceu o labor desta entidade na procura de máis oportunidades e unha maior integración da poboación xitana na nosa Comunidade e en toda a provincia de Lugo. Arturo Parrado lembrou que a conmemoración do sábado permite reflexionar sobre a necesidade de garantir a plena inclusión deste pobo.

Data de actualización: 05/04/2023