A Xunta notificou onte ao Concello de Lugo a resolución favorable ao derrubamento do Garañón

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural asinou e remitiu o documento a primeira hora da mañá

Lugo, 4 de abril de 2023 A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural notificou onte ao Concello de Lugo a resolución que autoriza o proxecto de demolición do edificio do Garañón e da urbanización no ámbito do URPI-58 do PXOM, así como da restitución ao estado orixinal dos terreos.

A resolución foi asinada e remitida a primeira hora da mañá, como as de todos os asuntos tratados na reunión do Consello Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo celebrada o pasado venres.

A Dirección Xeral é favorable ao proxecto presentado, indicando que calquera modificación deste requirirá dunha nova autorización.

Data de actualización: 04/04/2023