A Xunta nomea preto de 80 novos funcionarios de carreira na especialidade de terapia ocupacional e bioloxía

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións de nomeamento

Poderán comezar a tomar posesión dos seus postos desde mañá, martes

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública polas que se nomean 79 novos funcionarios de carreira da Xunta de Galicia.

 

En concreto, 48 funcionarios na escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de terapia ocupacional (subgrupo A2); e 31 na escala de ciencias, especialidade de bioloxía (subgrupo A1).

 

Unha vez publicadas as resolucións de nomeamento, os novos funcionarios disporán do prazo dun mes, que comeza a computarse a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, é dicir, mañá martes, para tomar posesión dos postos que lles foron adxudicados.

Os actos de toma de posesión supoñen a parte final dun proceso selectivo. A medida que os procesos selectivos van concluíndo, a Administración convoca os actos de elección de destino para que as persoas aspirantes que superaron ditos procesos poidan elixir un destino entre todos aqueles que se lle ofertan e finalmente tomar posesión.

Data de actualización: 03/04/2023