A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o centro público autonómico

A Xunta destina 1 M€ para mellorar a residencia de maiores da Milagrosa, en Lugo

Realizarase unha reorganización da entrada principal, modernizarase a fachada, adecuaranse os ascensores e reordenarase a área sanitaria, entre outras actuacións

O Goberno galego avanza cara o novo modelo de coidados mediante a creación de habitacións intelixentes, o fluxo de información entre o ámbito social e o sanitario e o impulso dos primeiros centro de coidados intermedios de toda España

Lugo, 2 de abril de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou recentemente a residencia de maiores pública autonómica da Milagrosa, en Lugo, á que o Goberno galego destina un millón de euros en obras de mellora.  

Esta reforma suporá unha reorganización da entrada principal, modernizarase a fachada, adecuaranse os ascensores e reordenarase a área sanitaria, entre outras actuacións. Desta maneira, este centro avanzará cara o novo modelo de coidados de Galicia, que ten como piares fundamentais unha reorganización dos espazos para facelos máis persoais, unha maior humanización dos centros, así como o uso de vantaxes tecnolóxicas e unha maior coordinación sociosanitaria.

Fabiola García destacou que o Goberno galego está a transformar os piares do novo modelo de coidados en medidas e actuacións concretas. Mostra diso, explicou, son a transformación das habitacións de todas as residencias públicas autonómicas que se converterán en espazos intelixentes; tamén mediante a creación do primeiro censo de usuarios que integra información do Sistema galego de dependencia e da Historia Clínica Electrónica; ou da creación dos primeiros centros de coidados intermedios públicos de España, que se situarán nos concellos de Mos e Santiago.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2023