A Xunta pon en valor o Día Mundial da concienciación das persoas con trastorno do espectro autista

Ourense, 1 de abril de 2023 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, subliñou a necesidade da posta en valor das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA)”. Fíxoo no acto para conmemorar o Día Mundial dedicado a este trastorno organizado Por eles Tea.

González Abeijón sinalou a importancia de xornadas como a de hoxe para avanzar no recoñecemento social do TEA, e fixo fincapé no traballo diario que realizan as entidades que traballan neste campo ao carón destas persoas e das súas familias.

Data de actualización: 01/04/2023