A Xunta participa en Ribeira nos actos do Día Mundial da Concienciación sobre o Trastorno do Espectro Autista

Ribeira (A Coruña), 31 de marzo de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe en Ribeira nos actos organizados por Amicos para conmemorar o Día Mundial da Concienciación sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA). Ademais de usuarios dos centros da entidade do Barbanza, a xornada contou coa participación de alumnado do CPR Bayón e do CEIP O Grupo.

 

O director xeral destacou a importancia deste tipo de actividades para dar visibilidade ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e ás súas familias, así como para concienciar sobre as necesidades que estas teñen. Así mesmo, fixo fincapé no traballo diario e a pé de campo que realizan entidades como Amicos para mellorar a calidade de vida destas persoas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/03/2023