A Xunta remata as obras de ampliación da rede de saneamento na Gradeira, no concello de Toén

Augas de Galicia vén de entregarlle estas infraestruturas hidráulicas ao Concello

As actuacións, cun investimento autonómico de preto de 48.000 €, permitiron a eliminación da foxa séptica de Gradeira, levando as augas residuais ata a foxa do núcleo de Toén, situada en baixada a Moreiro, que dispón de capacidade suficiente

Acometeuse un treito de tubaxe de 270 metros e ampliouse a impulsión do bombeo das Quintes
 

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de ampliación da rede de saneamento na Gradeira, no concello de Toén.

A Xunta, a través de Augas de Galicia, entregoulle xa as infraestruturas hidráulicas ao Concello, que supuxeron un investimento autonómico de preto de 48.000 euros.

A intervención permitiu a eliminación da foxa séptica de Gradeira, levando as augas residuais ata a foxa séptica do núcleo de Toén, situada en baixada a Moreiro, que dispón de capacidade suficiente.

Para a isto, acometeuse un treito de tubaxe de 270 metros e ampliouse a impulsión do bombeo das Quintes nuns 45 metros de tubaxe.

A Xunta, a través destas actuacións, continúa prestando apoio técnico e financeiro aos municipios para que poidan desenvolver as súas competencias de saneamento e abastecemento dun xeito eficiente

Data de actualización: 31/03/2023