A Xunta agarda que o modelo galego de minería sustentable contribúa á transición enerxética e a loita contra o cambio climático

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na Coruña na clausura da Asemblea da Cámara Oficial Mineira de Galicia

 

A Coruña, 31 de marzo de 2023 O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na Coruña na clausura da Asemblea da Cámara Oficial Mineira de Galicia. No acto explicou que o modelo galego de minaría sustentable aspira a facer deste sector unha industria estratéxica para a transición enerxética e a loita contra o cambio climático.

 

Para conseguilo, animou á Cámara Mineira de Galicia a seguir colaborando coa Administración aglutinando a todo o sector. O director xeral explicou que o novo modelo industrial require de materias primas e procesos de produción eficientes nos que os recursos naturais serán fundamentais, polo que a Axenda da Minería Sustentable de Galicia afonda en actuacións relacionadas coa exploración e análise destes materiais dun xeito sustentable.

Data de actualización: 31/03/2023