A Xunta incrementa o investimento á unidade de atención temperá de Negreira e Val do Dubra ata os 322.000 euros

Negreira (A Coruña), 31 de marzo de 2023

A Xunta de Galicia incrementou o investimento da unidade de atención temperá de Negreira e Val do Dubra ata os 322.000 euros a través da última orde de axudas para a creación destes servizos de titularidade municipal. O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá a nova sede deste recurso no concello de Negreira. 

O director xeral sinalou que esta unidade atende na actualidade a 60 nenos de 0 a 6 anos procedentes destes dous municipios que presentan posibles problemas no desenvolvemento. As novas instalacións sitúanse na antiga vivenda escolar que foi reformada para este novo uso a través dunha axuda de 40.000 euros concedida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
 
Nestes momentos, en Galicia están en funcionamento 40 centros que dan servizo a un total de 200 concellos. Fernando González Abeijón destacou o importante esforzo do Goberno galego por levar estes servizos a todos os recunchos de Galicia. Neste sentido, lembrou que no ano 2009 tan só existían dúas unidades en toda a Comunidade que daban cobertura a 15 concellos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/03/2023