A Xunta participa no Gran Cocido de Lalín con Sabor Solidario organizado en Madrid

Madrid, 30 de marzo de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, asistiron hoxe ao Gran Cocido de Lalín con Sabor Solidario organizado pola Fundación Once e o Concello de Lalín en Ifema (Madrid) a beneficio de Mensajeros de la Paz, para axudar aos afectados polo terremoto de Turquía e Siria; e da Federación Española de Bancos de Alimentos, para contribuír ás accións que desenvolve en España.

Unhas 1500 persoas reuníronse neste multitudinario cocido que foi preparado por sete cociñeiros lalinenses. Polo tanto, ademais da súa faceta solidaria, coa que se pretende recadar uns 50.000 euros, tamén serve como plataforma de difusión do prato e dos produtos galegos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/03/2023