Nava Castro participa no Encontro de Mulleres Empresarias e Emprendedoras celebrado en Redondela
A directora de Turismo de Galicia puxo en valor o traballo realizado polas mulleres no eido empresarial e subliñou a súa importancia especialmente no sector turístico
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no Encontro de Mulleres Empresarias e Emprendedoras organizado pola Asociación de Empresarios de Redondela en colaboración con Empresarias Galicia, levado a cabo no Pazo Vilavella.
Durante a súa intervención, Nava Castro puxo en valor o traballo realizado polas mulleres no eido empresarial e subliñou a súa importancia especialmente no sector turístico, onde máis do 60 % do total de ocupados son mulleres.
“As mulleres emprendedoras e empresarias sodes un motor clave para o crecemento económico e a creación de emprego, especialmente na nosa comunidade” finalizou Castro.