A Xunta continúa a reforzar a colaboración con Unicef na protección dos dereitos da infancia

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo unha reunión esta semana co Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef). O Goberno galego continúa a reforzar a colaboración con esta entidade na protección dos dereitos da infancia a través de programas como Cidades Amigas da Infancia e do impulso dun Consello Autonómico da Infancia e a Adolescencia.

A conselleira destacou o traballo desta organización para garantir unha infancia feliz en todas as partes do mundo e sinalou que o Goberno galego segue a colaborar co tecido social para levar a atención ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade. Neste sentido, a Xunta destina este ano preto de 230 millóns á área de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, un 36% máis o pasado ano, para reforzar todos os programas que axuden ás familias e aos menores de idade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/03/2023