A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, clausurou a terceira edición deste evento, celebrado por primeira vez no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña

Máis de 400 persoas participaron na terceira edición do congreso Mo_Cidade da Xunta de Galicia

Durante as súas tres xornadas celebráronse mesas redondas, conferencias, concertos, monólogos de humor e obradoiros

Fabiola García puxo en valor a importancia desta cita “integrada por mozos que se dirixen a mozos” e ca que se procura que broten ideas e se impulsen novos proxectos

A Coruña, 25 de marzo de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, clausurou hoxe o congreso Mo_Cidade, que nesta terceira edición, celebrada no Palacio de Exposición e Congresos da Coruña (Palexco), contou coa participación de 400 persoas. Na cita puideron desfrutar dun amplo abano de actividades como conferencias, concertos, obradoiros ou monólogos. 

Fabiola García recordou que Mo_Cidade este ano se cambiou de data e tamén de localización, pero que mantivo o seu espírito cunha edición con moito talento. Así, puxo en valor que a importancia deste congreso é que “está integrado por mozos que se dirixen a mozos” e, a través do cal, se procura que broten ideas e se impulsen novos proxectos.

Neste sentido, a conselleira subliñou que o Goberno galego quere que a Galicia de hoxe incorpore canto antes todo o que ten que achegar a xuventude galega, por iso, sinalou que son moitos os programas que se poñen en marcha para dalo a coñecer. Entre eles, destaca Xuventude Mentoring, para a inmersión e titorización no mundo laboral de persoas que acaban de estudar; Iniciativa Xove, que ofrece axudas de ata 5000 euros para que comezar un proxecto sexa máis doado; ou Parlamento Xove, que convida a debater e mellorar as habilidades na oratoria. 

Mo_cidade 2023

En Mo_cidade teñen lugar diferentes actividades que procuran darlle protagonismo á xente nova e aos ámbitos do seu interese como pode ser a cultura urbana, as novas tecnoloxías, o mundo dos videoxogos, a música, o emprendemento e o acceso ao mercado laboral. En definitiva, unha cita de ocio na que se conxuga e se pon en valor o talento da xuventude e o seu papel na sociedade. 

Nesta edición celebráronse conferencias de profesionais recoñecidos como o mánager do artista C Tangana, Íñigo Elósegui; a tiktoker Carla Gabián; a cofundadora de Lázzaro e unha das integrantes na lista Forbes menores de 30 anos, Carlota Corzo; ou o director deportivo do equipo de gaming KOI, David Sabater.

Tamén houbo actividades dirixidas ao persoal técnico, con xornadas de traballo específicas; actuacións musicais a cargo de Alicia Otero, gañadora da especialidade de Música de Xuventude Crea 2021, ou da artista Lina de Sol; un monólogo do humorista galego Pablo Meixe

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/03/2023