A Xunta destina 60.000 euros para renovar o patio exterior da escola infantil Sagrado Corazón de Lugo

Lugo, 18 de marzo de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou a escola infantil pública autonómica Sagrado Corazón, en Lugo, na que se destinaron 60.000 euros, cofinanciados entre a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para renovar a zona de xogos no patio exterior deste centro que xa está finalizado.

A conselleira lembrou que esta semana abriu o prazo para solicitar unha das 10.500 prazas públicas autonómicas en escolas infantís de cara ao vindeiro curso 2023-24. Este será o segundo ano no que se aplique a gratuidade en todas as escolas da nosa Comunidade, independentemente da súa titularidade. Unha medida na que Galicia é pioneira en toda España e que beneficia a 31.000 familias galegas que aforran de media 2.000 euros ao ano.  

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/03/2023