A Xunta visita a residencia de maiores pública autonómica de Bembrive

Vigo, 17 de marzo de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a residencia de maiores pública autonómica de Bembrive, en Vigo. Alí tivo a ocasión de manter un encontro con responsables e persoal do centro, así como de saudar algúns dos seus usuarios. 

Antón Acevedo destacou o esforzo que nos últimos anos está a facer a Xunta no ámbito da atención ás persoas maiores. Neste sentido, destacou o reforzo dos servizos de atención residencial, así como aqueles que se prestan nos propios domicilios e os de proximidade, como son: o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a teleasistencia, as casas do maior ou o programa de Coidados porta a porta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/03/2023