A Xunta nomea as presidencias e vicepresidencias de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se nomean as persoas que ostentarán estes cargos tras as eleccións convocadas o pasado 10 de novembro de 2022
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2023 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural mediante a cal se nomean as persoas que van ocupar as presidencias e vicepresidencias dos 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario que foron convocados a eleccións o pasado día 10 de novembro. Estas persoas foron antes elixidas nos plenos constituíntes de cada un destes consellos reguladores, que se desenvolveron en días pasados. As persoas elixidas polos respectivos plenos e nomeadas agora polo conselleiro do Medio Rural son as seguintes:
CONSELLO REGULADOR | PRESIDENCIA | VICEPRESIDENCIA | |
Denominación de Orixe Monterrei | Jonatás Gago García | Manuel Vázquez Losada | |
Denominación de Orixe Rías Baixas | Isidoro Serantes Serantes | Carballal Vázquez Abal SL, representada por Juan Carlos Vázquez Abal | |
Denominación de Orixe Ribeira Sacra | Antonio Lombardía Crespo | Vicepresidencia sector produtor | Héctor Ferreiro Abelairas |
Vicepresidencia sector industrial | Adega Cachín, SC, representada por César Enríquez González | ||
Denominación de Orixe Ribeiro | Juan Manuel Casares Gándara | Concepción Iglesias Pousa | |
Denominación de Orixe Valdeorras | José Ramón Rodríguez Castellanos | Vicepresidencia sector produtor | Antonio García Fernández |
Vicepresidencia sector industrial | Adega A Coroa, SAT, representada por Roberto Fernández García | ||
Vicepresidencia sector cooperativo | Bodega Cooperativa Jesús Nazareno SCG, representada por Manuel Fernández Pérez | ||
Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia | José Antonio Feijóo Mateo | Viña Blanca do Salnés, SA, representada por Sonia Otero Padín | |
Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa | Luís Lamas Costa | Antonio Ferreiro Ferreiro | |
Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla | Benigno Pereira Ramos | Queixería Barral, SLU, representada por Juan Carlos Barral Camba | |
Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa | Daniel Pérez Pérez | Queixería Prestes, SL, representada por Adelaida Fernández Cuba | |
Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia | José Manuel Gómez Gómez | Vicepresidencia sector produtor | Amador Díaz Penín |
Vicepresidencia sector industrial | Patatas Conde SL, representada por Diego Conde Ucha | ||
Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia | María Esther Ordóñez Dios | Fernando Fernández García | |
Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea | Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez | Juan Luis Calviño Testa | |
Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia | Jesús Quintá García | María Páez Pérez | |
Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia | Jesús González Vázquez | Vicepresidencia sector produtor | Hermanos González Rodríguez, SCG, representada por José Ramón González Rodríguez |
Vicepresidencia sector industrial | Matadero Carballiño, SL, representada por Emilio Pedro González Iglesias | ||
Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) | Francisco López Valladares | Vicepresidencia sector produtor | Mónica Brey Baltar |
Vicepresidencia sector industrial, importador e comercializador | Alibos Galicia SL, representada por Rocío Freire Rodríguez |
Con este trámite dáse por concluído o procedemento electoral que se iniciara en novembro pasado e facilítase o normal funcionamento destes organismos, de gran importancia no noso sector agroalimentario.