A Xunta destaca que a mobilidade do futuro precisa dun traballo colectivo
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, asistiu hoxe á inauguración das novas instalacións da gasinera de Los Ángeles, localizada no polígono da Sionlla. Na súa visita destacou que a mobilidade do futuro precisa dun traballo colectivo para lograr unha transición ordenada na que sexa posible que todo o sector se adapte ás novas necesidades e tecnoloxías.
Neste sentido, agradeceu a aposta de Los Ángeles Gas -que este ano celebra o seu 50º aniversario- por adaptarse ás novas necesidades enerxéticas e lembrou os retos que afronta o sector e que pasan por seguir impulsando a modernización e a profesionalización, coa introdución das novas tecnoloxías; ademais de promover a diversificación e a transformación coa progresiva implantación de novos combustibles alternativos.