A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantén unhas charlas informativas cos veciños beneficiarios destes procesos de reestruturación territorial
A Xunta prevé investir case 3 M€ para reorganizar preto de 1.000 hectáreas a través das dúas novas concentracións parcelarias decretadas en Castroverde e Becerreá
O proceso de Riomol, en Castroverde, prevé reestruturar 494 hectáreas de superficie divididas en 1.192 parcelas, propiedade de 143 veciños
A parcelaria de Guilfrei, en Becerreá, prevé reorganizar 441 hectáreas de superficie divididas en 1.871 parcelas, mellorando a estrutura territorial da zona e beneficiando 142 propietarios
Estes procesos forman parte dos 28 decretados en toda Galicia desde 2021, que abarcan máis de 22.800 hectáreas distribuídas en case 110.000 parcelas de algo máis de 16.000 propietarios
Entre os anos 2020 e o que levamos de 2023 rematáronse 25 novas concentracións parcelarias en Galicia, que abarcan un total 18.000 hectáreas, beneficiando preto de 12.500 titulares
Este ano impulsarase un Plan extraordinario para arranxar os camiños en concentracións parcelarias que estará dotado con 6 millóns de euros en 2023
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantén hoxe dous encontros informativos con veciños beneficiados polas novas concentracións parcelaria decretadas nos concellos lugueses de Castroverde e Becerreá, co fin de informalos sobre as particularidades de cada un dos procesos, e mediante os cales a Xunta prevé reorganizar unha superficie de case 1.000 hectáreas.