A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo unha reunión co alcalde desta localidade, Jorge Cubela

A Xunta amplía en 6.000 as horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar que financia ao Concello de Cerdedo-Cotobade

O obxectivo é que o Concello poida continuar atendendo a aquelas persoas que se encontraban á espera do servizo

Sumadas ás horas actuais, o Goberno galego poñerá a disposición do Concello máis de 37.000 horas deste servizo ao que destina preto de 450.000 euros

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo unha reunión co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, ao que lle comunicou que a Xunta vai ampliar en 6.000 as horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) financiadas para atender a aquelas persoas deste Concello que están á espera do servizo.

Durante o encontro, mantido nas instalacións de San Caetano, Fabiola García e Jorge Cubela abordaron a necesidade de continuar mellorando a colaboración entre Administracións públicas para garantir servizos de proximidade aos municipios do rural, máis en concreto ás persoas maiores.

Con este incremento, o Goberno galego eleva as horas a disposición do Concello ata as 37.000 horas anuais. Así mesmo, increméntase o investimento a este servizo en 72.000 euros ata chegar aos preto de 450.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/03/2023