Fernández-Tapias destaca ao primeiro equipo infantil do Real Club Celta como “pioneiros da canteira” viguesa de fútbol

Vigo, 10 de marzo de 2023 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu este venres a varios dos integrantes do primeiro equipo de categoría infantil que tivo o Real Club Celta. A representante do Goberno autonómico destacou aos ex futbolistas como “pioneiros da canteira” viguesa de fútbol no momento que cumpren o 50 aniversario da súa formación. O Celta dispuxo de categorías inferiores desde principios da década de 1970 e foi en 1972 cando se formou este primeiro equipo infantil.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/03/2023