O Día da Xuventude chega este venres ao Barco de Valdeorras con numerosas actividades gratuítas de ocio educativo

Desde as catro da tarde e ata as nove da noite, a xente nova poderá desfrutar de obradoiros sobre cociña saudable, graffiti, protección do medio ambiente, igualdade de xénero ou empregabilidade

Haberá tamén xogos e un concerto a cargo do DJ Rafa Aguiar

Mañá sábado celebrarse en Celanova e contará tamén coas actuacións de Breaking Fast e da Banda de música xuvenil de Celanova

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2023 O Día da Xuventude chega este venres ao pavillón vello do Barco de Valdeorras para ofrecer á mocidade actividades de ocio e de formación durante toda a xornada. A Xunta de Galicia está levando esta iniciativa a unha trintena de concellos de Galicia desde comezos de ano e ata o vindeiro mes de abril. Durante a xornada de hoxe actuará o grupo local DJ con Rafa Aguiar.

O Día da Xuventude nútrese dunha ampla programación para o entretemento e aprendizaxe de mozas e mozos. Así mesmo, este programa favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Mañá sábado esta iniciativa chegará a Celanova onde tamén contará coas actuacións musicais da Breaking Fast e da Banda de música xuvenil de Celanova. As actividades terán lugar na súa praza Maior.

Desde as catro da tarde e ata as nove da noite, a xente nova que se achegue poderá participar en obradoiros dinámicos de cociña saudable, graffiti, igualdade de xénero, protección do medio ambiente e empregabilidade. Tamén haberá espazo para xogos como o fútbol burbulla, o futbolín humano, slackline ou tiro con arco. Todas as actividades son de balde.

Data de actualización: 10/03/2023