Fernández-Tapias felicita aos praceiros polo “profundo e rápido” proceso de transformación dos mercados vigueses

Vigo, 9 de marzo de 2023

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, felicitou esta mañá aos praceiros vigueses polo “profundo e rápido” proceso de transformación das prazas de abastos. Nunha visita ao Mercado do Progreso, destacou a importancia destes espazos na vertebración do territorio, así como a súa contribución a dinamización da economía local e ao impulso do comercio de proximidade. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/03/2023