A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública na rúa Tinería en réxime de alugueiro

Lugo, 9 de marzo de 2023 A Xunta de Galicia fixo hoxe entrega dunha vivenda de promoción pública situada na rúa Tinería, no casco antigo de Lugo; trátase dun apartamento dun dormitorio que se adxudica en réxime de alugueiro.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto e instou a todas as persoas interesadas en optar a estas adxudicacións a inscribirse no Rexistro único de demandantes, que está aberto todo o ano.

Arias sinalou que o Goberno galego traballa para procurar o acceso de todos os cidadáns a unha vivenda adecuada, con axudas para a adquisición, alugueiro, rehabilitación ou melloras da accesibilidade, entre outras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/03/2023