O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao novo xeneral xefe da Brilat

Ourense, 09 de marzo de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu esta mañá en audiencia novo xeneral xefe da Brilat, "Galicia VII”, Alfonso Pardo de Santayana Galbis.

Gabriel Alén desexoulle moita sorte e éxitos na súa responsabilidade ao fronte do destacamento da Brilat emprazado na base General Morillo de Figueirido e púxose á súa disposición, ao tempo que ofreceulle continuidade na total colaboración do Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/03/2023