A Xunta felicita ao Fogar e Clínica San Rafael de Vigo con motivo da festividade de San Juan de Dios

Vigo, 8 de marzo de 2023

O director xeral de Persoas con Discapacidade,  Fernando González Abeijón, participou hoxe nos actos conmemorativos da festividade de San Juan de Dios organizados polo Fogar e Clínica San Rafael. A xornada comezou cunha misa presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, e tamén contou coa actuación do grupo de musica do centro e unha exhibición do Corpo de Bombeiros da cidade de Vigo, que comparte patrón coa orde relixiosa á que pertencen a entidade.

González Abeijón felicitou á entidade por esta festividade. O Fogar Clínica San Rafael é un centro asistencial que conta cunha residencia dun centenar de prazas para persoas con discapacidade. Tamén desenvolve numerosas actividades dirixidas a mellorar a autonomía destas persoas e avanzar cara a súa plena inclusión.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/03/2023