Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao

O lume entrou desde Portugal e, segundo as últimas estimacións, afecta a máis de 20 hectáreas en territorio galego

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2023

A Consellería do Medio Rural informa de que un incendio forestal no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao, quedou estabilizado ás 15,46h.

O lume, que entrou desde Portugal, iniciouse ás 12,00 h de hoxe. e segundo as últimas estimacións, afecta a máis de 20 hectáreas dentro do territorio galego. Polo de agora, mobilizáronse para o seu control 3 axentes, 9 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 04/03/2023