Lete prognostica unha gran tempada para un supermercado Froiz renovado, na que fará valer a súa condición de mellor equipo amateur da historia

Lembra a figura do finado Magín Froiz que recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Gaicia a título póstumo o pasado mes de outubro

Poio (Pontevedra), 3 de marzo de 2023 O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe en Combarro na presentación do equipo ciclista do Grupo Deportivo Supermercados Froiz para a tempada de 2023. Alí, lembrou ao finado Magín Froiz, alma mater e fundador do Froiz que falecía o pasado 10 de marzo de 2022 e que recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia a título póstumo no mes de outubro.

 

Lete Lasa salientou a importancia desta gran perda pra o GD Supermercados Froiz que, tras quedar gañar a clasificación individual e quedar segundo por equipos no ranking elite e sub-23 de 2021, a tempada que vén de concluír baixou ata a novena posición.

 

O mandatario galego trasladou unha mensaxe de ánimo a Evaristo Portela -íntimo amigo de Magín Froiz e tamén fundador do club- así como a todo o equipo de ciclismo en ruta e ciclocross e asegurou que nesta tempada 2023, na que se renovou no seu 80%, “volverá roldar nos postos máis altos do ranking nacional, onde lle corresponde”.

 

Neste sentido destacou que “ao longo das súas 35 tempadas, con 127 voltas por etapas, 18 campionatos de España, máis de 800 victorias individuais e 8 anos sendo campión do ranking elite e sub-23, dos cales cinco foron de maneira consecutiva, o GD Supermercados Froiz é por méritos propios o mellor equipo ciclista español amateur de todos os tempos”.

 

Lete Lasa quixo destacar tamén a recuperación do ciclismo galego que, cunha pandemia de por medio, aumentou as súas licenzas nun 8%, pasando das 7.780 en 2019 ás 8.433 en 2021, e incrementando as licenzas femininas nun 20%.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/03/2023