Política Social e Xuventude despide a dúas mozas turcas que participaron nun programa de voluntariado en Lousame

Lousame (A Coruña), 4 de marzo de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, despediu hoxe a dúas mozas procedentes de Turquía que participaron nun programa de voluntariado en Lousame. Estas persoas estiveron durante dez meses colaborando en diferentes actividades culturais e sociais promovidas polo Concello.

A directora xeral destacou a importancia que teñen este tipo de iniciativas, porque supoñen unha experiencia de aprendizaxe intercultural e interxeracional. Ademais, axuda a dar a coñecer a persoas do estranxeiro o patrimonio cultural, paisaxístico e gastronómico que ten Galicia.

Data de actualización: 04/03/2023