Política social e Xuventude asiste aos 28º Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios organizados por Special Olympics Galicia
2023-03-04
/documents/35297/40537/25FE9D3A-D832-4BF0-9FF5-C582BAC47178.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 4 de marzo de 2023
O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou hoxe a importancia que ten o deporte para favorecer a plena inclusión das persoas con discapacidade. Díxoo na inauguración dos 28º Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios organizados por Special Olympics Galicia e que durante todo o día de hoxe teñen lugar no pavillón Fexdega de Vilagarcía de Arousa.
González Abeijón destacou o traballo que realizan as entidades sociais para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Así mesmo, apuntou que actividades como estes xogos contribúen a dar máis visibilidade a estas persoas e ás súas necesidades.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 04/03/2023