O Sergas organiza un curso dirixido a profesionais do ámbito da saúde mental para formación en procesos correctores comunitarios

Santiago de Compostela, 3 de marzo 2023

A sede da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), organismo dependente da Consellería de Sanidade, acolleu hoxe un curso sobre procesos correctores comunitarios, dirixido a profesionais do ámbito da saúde mental, co obxectivo de gañar formación en levar a cabo obradoiros con pais e nais.

 

Con este tipo de actividades, a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, por medio do seu servizo de Saúde Mental, está a incidir no seu traballo a prol dun modelo baseado na abordaxe á saúde mental dende un escenario comunitario.

 

Entre os temas abordados no curso, que se celebra de maneira presencial e on-line, entre os meses de marzo e xuño, están os roles de xénero, a súa carga cultural e a súa relación coa crianza; ou a función de ser pais e as etapas de crecemento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/03/2023