A Xunta reúnese co Clúster de Saúde para avanzar cara unha maior coordinación sociosanitaria

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2023 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo unha reunión co Clúster de Saúde para avanzar cara unha maior coordinación sociosanitaria no ámbito dos coidados. Durante o encontro, Antón Acevedo detallou algunha das medidas nas que traballa o Goberno galego para mellorar o sistema asistencial aplicando as melloras xa existentes no eido sanitario.

Neste sentido, concretou que as residencias galegas contan cun censo de residentes nos que se pon a disposición toda a información sanitaria da Historia Clínica Electrónica, así como a información social que poida ser de interese sobre a persoa maior. Así mesmo, tamén destacou a creación dos primeiros centros de coidados intermedios públicos de España, que se situarán en Santiago e Mos, e que permitirá atender a persoas que recibiron a alta hospitalaria, pero que seguen requirindo coidados específicos.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/02/2023