Diego Calvo visita a selección española de relevos que prepara en Ourense o Europeo de Atletismo en Pista Cuberta

Ourense, 27 de febreiro de 2023 O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe os deportistas da selección española de relevos que desde o sábado ata hoxe están a preparar na pista de Expourense o Campionato Europeo de Atletismo en Pista Cuberta 2023, que se desputará desde este venres día 3 ata o domingo 5 de marzo.

Óscar Husillos, Iñaki Cañal, Manuel Guijaro, Lucas Bua, David García Zurita e Markel Fernández conforman a selección masculina do equipo de relevos 4x400 metros, xunto co seu adestrador Toni Puig. Tamén acompañan a este grupo os corredores de 60 metros vallas Quique Llopis e Kevin Sánchez.

Na visita de hoxe acompañaron ao vicepresidente segundo o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/02/2023