Lorenzana salienta nas XXVII xornadas arredor da Camelia de Vedra a aposta da Xunta por difundir e promocionar este recurso natural

Vedra (A Coruña), 26 de febreiro de 2023 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na inauguración das XXVII xornadas arredor da Camelia de Vedra que se está a celebrar nesta edición en Santa Cruz de Ribadulla. Tras o acto de presentación, a titular do departamento autonómico fixo un percorrido polas diferentes mostras e sinalou a importancia da celebración deste evento para poder descubrir o gran patrimonio natural que ten Galicia e a aposta que está a facer a Xunta para difundilo e promocionalo. Galicia, de feito, é o segundo lugar do mundo con máis especies de camelia.

As xornadas continuarán o 5 de marzo co XII BTT Cicloturista da Camelia; o 18 de marzo cun obradoiro de iniciación ao bonsai da camelia; e o 18 pecharase cunha excursión á Festa Internacional da Camelia de Celeiro de Basto, en Portugal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/02/2023