A Xunta contribuirá ao financiamento de novos proxectos de economía social no marco do programa O noso reto solidario que chega a Galicia

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe no acto de presentación do programa O noso reto solidario, apoiado pola Xunta de Galicia e impulsado polas Fundacións Roberto Rivas, Amicos e Botín.

Toca destacou iniciativas como esta que nacen para apoiar entidades da economía social. A secretaria xeral puxo en valor que o programa se abra agora a Galicia tras crear máis de 40 empresas e a participación 1.300 entidades sociais en toda España.
 
No marco de O noso reto solidario, ofrécese financiamento, asesoramento e apoio para mellorar o impacto social e económico destas organizacións. A Xunta de Galicia contribúe coa aportación de 25.000 euros de capital semente para as iniciativas que poidan xurdir no marco do programa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/02/2023